martes, 12 de mayo de 2020

UN REFRÁN DEBUXADO

Unímonos ao reto de REFRÁNS DEBUXADOS, de aulas galegas, xa que os refráns gústannos moito, porque reflicten o que somos. En galego temos un para case cada momento e cada aspecto da nosa vida, así que na nosa casa, cada un de nós (eu incluida) fará un debuxo ou colaxe do seu refrán preferido.


Neste vídeo podes ver o que fixeron xa outros amigos, entre eles Nico!

Despois de velo, podes comezar a deseñar o teu. Se non se che ocorre ningún, chama aos avós e pregúntalles. Senón lembra que podes atopar moitos no http://refraneirogalego.com/



No hay comentarios:

Publicar un comentario