martes, 16 de junio de 2020

XOGAMOS A FACER ROCHAS?

OBXECTIVO: repasar a formación e o ciclo das rochas.

MATERIAL: 

  • Ceras de cores (3 ou 4 sería suficiente) das que teñades pola casa, mellor se son tipo Manley. 
  • Relador para facer fragmentos pequenos de “rocha”. 
  • Coitelo para facer fragmentos máis grandes de “rocha”. 
  • Cazo, pota ou similar para o baño María. 
  • Papel aluminio. 


ATENCIÓN: para os pasos do baño María, pide axuda a un adulto e sempre con coidado e seguridade para evitar queimaduras. Pensa que a cera quente queima bastante.

PROCESO:

  • Relamos e cortamos as ceras para simular procesos de meteorización, e, desta maneira, obtemos fragmentos de diferentes tamaños. Pensade que co relador se obteñen sedimentos tipo area e coa espátula podedes obter gravas. 
  • Posteriormente, mestúranse os distintos fragmentos na palma da man e apértanse. Deste xeito litificamos os sedimentos e obtemos unha rocha. Podedes observar que as rochas sedimentarias se desfán con certa facilidade. 

  • Collemos a nosa rocha sedimentaria e envolvémola en papel de alumino facendo unha cápsula e quentámola lixeiramente ao baño María durante 1-3 minutos. Este paso é fundamental, tedes que vixiar ben o proceso. Recordade que non pode chegar a fundir. Unha vez quentada, sometemos a rocha a elevadas presións, mediante o noso pé (pisa, pisa). 
  • Atención hai que comprobar que a «rocha» estea ben envolta, senón despois tedes que quitar a cera do chan e non é un traballo sinxelo. O resultado é unha rocha metamórfica. 

  • A continuación, volvemos a envolvela en papel de alumino e quéntase de novo ao baño María ata que se funda completamente, deste xeito obtemos magma. A continuación, deixades arrefriar. Ao solidificar temos unha rocha magmática. 

LEMBRANDO O CICLO DAS ROCHAS: 


1.- MAGMA
2.- ARREFRIAMENTO
3.- ROCHA MAGMÁTICA
4.- EROSIÓN
5.- SEDIMENTACIÓN
6.- SEDIMENTOS E ROCHA SEDIMENTARIA
7.- METAMORFISMO
8.- ROCHA METAMÓRFICA
9.- FUSIÓN

Grazas a Ramón Cabanelas por compartir a idea en Aulas Galegas.

VIAXE POLO FONDO DO MAR - GENIALLY

Hoxe imos repasar matemáticas e xeografía a través dun xogo interactivo con Genially.

jueves, 11 de junio de 2020

ÚLTIMA REDACCIÓN DO CURSO

O profe Juan, pídevos unha última redacción, na que reflexiones e fagas memoria sobre os 2 cursos que estivestedes xunt@s.

Para redactalo ten en conta preguntas coma, por exemplo :

* Cales foron as actividades que máis che gustaron facer e porqué? Cales foron as que menos che gustaron?

* Cal foi a saída escolar que máis che gustou destes cursos? Gustaríache facer máis excursións e viaxes?  A donde?

* Como te sentiches en xeral co ambiente da clase? E cos compis? Era agradable para ti ou te sentías incómod@ na clase? Explica porqué.

* Gustaríache que se volveran a mezclar as clases de 4º?  Por que?

* Que cousas importantes cres que aprendiches nestes 2 cursos xuntos?

* Que pensades que botaredes de menos para o próximo curso? Que vos gustaría aprender en 5º?

* Etc, etc, etc. (Podedes contar máis cousas das que eu vos pregunto)

Sería moi interesante que fose un ESCRITO LONGO e pensado con calma, pois foron case 2 anos xunt@s e hai moito do que lembrarnos, e que remates a redacción cun precioso debuxo final relacionado coa vosa clase!! 



5ª VIDEOCHAMADA COLECTIVA 4º A

Venres, 12 Xuño 2020 12:00
Final: Venres, 12 Xuño 2020 13:00
Resume: 5ª VIDEOCHAMADA COLECTIVA 4ºA
Descrición: UNIRSE A REUNIÓN DE WEBEX
https://meetingsemea19.webex.com/meetingsemea19-es/j.php?MTID=m4838e6b6091c1af92cf1c67b681ac827
Número de reunión (código de acceso): 163 153 7442

Contraseña de la reunión: W6SeB6KpfU6 (96732657 a través de teléfonos y sistemas de vídeo)

miércoles, 10 de junio de 2020

FRACCIÓNS

Hoxe repasaremos ás fraccións. Para iso mira os seguintes vídeos:


Agora pincha no seguinte enlace para entrar na plataforma Smartick, e acceder aos vídeos explicativos (titorial) e aos exercicios prácticos sobre fraccións:

https://www.smartick.es/matematicas/fracciones.html#introduccion-a-las-fracciones-leccion